Domingo,dia 10,do 10,do 10. Un dia 10.
6:50 horas, ou mellor dito, sete menos dez da mañá. Escoitanse conversas animadas a carón dun microbús. ¿Rapaces que voltan de troula no Noitebús?. Non. Parecido. Os de Paso Miudo que van de ruta.
O mellor que lle pode pasar a un colectivo é que se convirta nunha familia. Tanto dá que vaian oito coma este domingo ou que sexa numerosa. Que sexas novo no grupo ou veterano. Que leves tempo de inactividade ou que non perderas cita. É o mesmo. A cordialidade e hospitalidade convértense en compañeiras de viaxe.
Pasadas as 7 saimos. Mañá fresca. Que ninguén vaia pensar que fomos sin parar ata o destino. "Sempre se parou" dicia alguén, oito da mañá. Café de rigor ( e algo máis ) no Montero en Vilalba. "Como se lles coñece aos dias" afirmou outro, e razón non lle faltaba. Ás 8:10 empezaba a verse.
De camiño oubo un anaco que saiu o sol pero a alegria pouco nos durou. A partires de Sarria a néboa foi collendo protagonismo.
Esa néboa fria e húmida recibeunos en San Miguel de Rosende. Foto de rigor no adro e inicio perezoso pero sumamente intenso. En cincocentos metros atravesamos unha aldea típica galega,similar ás que vimos en Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Desviamonos da ruta tendo que saltar muros para tomar a correcta. Admiramos a fermosura do Pazo Casa grande de Rosende. Fixémonos con unha acompañante fiel para toda a mañá, unha cadeliña de caza que non nos deixou indiferentes, e ós dez minutos de empezar xa coméramos (xentileza do entorno), noces,fígos,castañas e, por suposto, bos ancios de uva que vendimamos das primeiras cepas que atopamos. O tema prometia...
Foi un comezo de etapa moi cinematográfico, pois vivimos o máis parecido a un "trailer" do que realmente atopamos:
Arquitectura tradicional galega, etnografia,paisaxe, e como protagonista: A vide.
Kilómetros que se convertiron nun incrible decorado sobre o cal imaxinamos ós primeiros povoadores. A visita ó lugar de Areas, impagable. Xentes que fixeron da vide arte. Arte que perdura e impresiona. Ó pasear entre os bancais entendemos á primeira o porqué da denominación " A viticultura heroica". Nin máis nin menos.
Continuamos facendo acopio de imaxes das que quedan gravadas: Fragas,soutos,bugallas,castañas,ancios de uva,viñedos de mil cores (mágoa non saise o sol antes), corredoiras,hortas que sorprenden da sua fertilidade, casas de labranza, pazos e aldeas máxicas que recobraron animación ó noso paso. E en A Burdalla, parada nunha taberna das de verdade. E a seguir.
Pode que o último tramo se fixese algo monótono pois pasamos do antes mencionado a uns kilómetros de monte raso e piñeirais,anque ben é certo que para nós todo o que sexa ausencia de eucalipto semella o paraiso. Abandoamos as zonas habitadas para adentrarnos en monte en continua subida o que parecia deshubicarnos. Visitamos os petroglifos de Nogueira para chegar ao cúmio rodeados de impoñentes piñeiros e iniciar un vertixinoso descenso que nos fixo entender todo. Estábamos nos canóns do Sil. E ir baixando en zig-zag para superar o desnivel vislumbrando o rio ao fondo a través dos pinos, ofrece unha postal pola que val a pena voltar de novo e que xustifica toda a camiñata.
E,como nón, nos últimos metros voltaron os viñedos para abrazarse co Sil e os trés: O rio,as parras e a cadeliña "Cuqui" pareceu que nos pedian ao seu xeito que volvéramos de novo.
E así faremos.
Luis Miguel
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario